O obxectivo é facer partícipes aos centros que traballen coas nosas actividades nun traballo cooperativo na web.
A actividade consiste en facer unha nube de palabras manuscrita ou dixital, utilizando diferentes programas da web 2.0 : wordle, abcya, tagxedo,...

- Palabras clave relacionadas con Valentín Paz Andrade.
- Palabras novas aprendidas coas actividades.
- As palabras máis bonitas ao entender dos nen@s.
- Palabras dunha mesma familia gramatical ou semántica: Sustantivos, adxectivos, palabras relacionadas coa pesca, diferentes personaxes,...
Nube manuscrita: Cada nen@ elixe unha palabra, por turnos van escribindo nunha cartolina ou nun mural a palabra elixida en distintas fontes e cores. Finalmente fáiselle unha foto.
Nube dixital: Entra nunha destas páxinas de nubes de palabras na túa Pizarra Dixital :wordle, abcya, tagxedo. Por turnos os nen@s escriben a palabra da súa elección. Finalmente selecciona a fonte, a cor e o formato.
seminariogalan@blogger.com
A tódolos participantes enviarémoslles un diploma de participación no concurso. As nubes de palabras enviadas serán publicadas no noso blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario